Un Bar de Mercado

En Expansión: Nuevos 'comedores' en bares de mercado 26/05/2018

Ler +...

Abastos 2.0 na Guia Salir.com

Na Guia Salir.com 


Ler +...

Cociñando con conservas en Gastronomía.com

En Gastronomía.com. Receta con Iago Pazos o Taberneiro. Artigo: (10/05/18)



Ler +...

Isabel Coixet propone comer en 'Abastos 2.0' En Crónica Global. El Español

Isabel Coixet propone comer en 'Abastos 2.0' En Crónica Global. El Español (21/4/18)



Ler +...

Mercado de Compostela entre os mellores de España, por Jorge Guitian

Jorge Guitian recorre os mercados de España, entre eles o de Compostela, con parada en Abastos.



Ler +...

The Guardian faise eco da súa presencia en Abastos na visita a Galicia

La Voz de Galicia fai eco da visita do diario britanico The Guardian a Galicia, que deixa plasmada no artigo: «Enganchados a Galicia»., onde fan mención ao seu paso por Abastos, na súa visita a Santiago de Compostela

Aqui os dous artigos:







Ler +...

Entrevista ao Taberneiro Iago Pazos en El Economista.es

Entrevista ao Taberneiro Iago Pazos Vilasó en El Economista.es (22-01-2018)

"La cocina gallega ha sobrevivido a tres modas: la mediterránea, la atlántica y la nórdica"


Ler +...

"A comarca de Santiago presume de fogóns", La Voz de Galicia

Artigo en La Voz de Galicia sobre os locais mencionados na Guía Michelín neste ano, na comarca de Santiago: Entre outros, A Taberna e O Ghalpón de Abastos un ano máis

El entorno de la plaza de Abastos está doblemente representado con Ghalpon Abastos, gracias a «un único menú de mercado», y con el Abastos 2.0, al que define como «sorprendente y singular».


Ler +...

O derradeiro sobre "Barra Atlántica"

Despois de pechados, ainda falan de Nós. Gracias Madrid por estes dous anos.

en La Información

Graciñas!!!

Ler +...

Volta á orixe. Ano de cambios. Buscando o equilibrio. (Quen teña tenda que a atenda)

Volta á orixe. Ano de cambios. Buscando o equilibrio. (Quen teña tenda que a atenda)

Atenta cociña! 
Comunicado dos Abastos de Barra Atlántica Madrid


O próximo 1 de Xaneiro do 2018 pechamos o proxecto Barra Atlántica Madrid.

Son moitos e variados os motivos, máis tampouco veñen moito a conto… 

O que si hai que dicir, por riba de todo, é que trátase dunha decisión conxunta e persoal. Tanto de Cerqueiro, como miña. Dos dous.

Logo de oito anos ben intensos (pero non máis ca os do resto dos mortais) e que transcorreron moi, moi rápido…decidimos facer unha parada. Un alto no camiño para repensar. Repensarnos, e facer balance. 

Na procura do equilibrio e nesa ecuación imposible da vida onde se conxugan diferentes elementos, a veces en conflito: un soño, unha empresa, a paixón e a razón… por vez primeira incluímos a incógnita tempo. 

Poderiamos dicir que as cousas ían mal en Madrid, mais non é así. Gañamos cartos, oes! Pero sobre todo, pasámolo ben. Desfrutamos moito co que facemos, e cremos que o notades. 

Barra Atlántica foi un proxecto ambicioso e coa pretensión de estendelo a tres ou catro Barras máis na Península para poder transmitir a filosofía Abastos e a marca Galicia máis ala do “Telón de Grelos”. Máis polo que fora ou fose… Non aconteceu. Nós é que somos moi de taberna…e quen teña tenda, que a atenda. 


Foi un bonito proxecto, que durou dous anos. Dous anos marabillosos e irrepetibles onde, sobre todo, aprendemos e ensinamos. Foron moitos emigrantes que nos visitaban cada día con aquelo de alimentar a morriña. E moitos outros locais e persoas, de aquí e de acolá, os que nos visitaron para gozar connosco do que nos chamabamos o “mar en Madrid”. 
Ben é certo é  que xa aprendemos, gozamos e experimentamos o suficiente para colmar as nosas aspiracións. Fixémonos moito máis visibles intentando levar un anaco de Galicia “a la capital”. Obxectivo cumprido, satisfactoriamente. 

Unha equipa incrible da que estar orgullosos de onde veñen e o que fan. Para nós, sempre á altura, e rozando a excelencia. 

Grazas sempre a Amaia, Amayita, Andrea, Anxo, Alex, Arnaud (o capitán), Ángel, Bret, Dario, David, Diego, Félix, Juanjo, Katherina, Lea, Louis, Morris, Pucho, Rober, Serigne, Suman… por formar parte desta viaxe, navegar con nós e facer cultura de bar no tan temido Madrid que, para nós, non deixaba de ser… un pequeno barrio e porto ao que levar o mellor produto, para satisfacer o padal de tan boa xente. 

Barra pecha. E nós tornamos ás orixes. A Compostela. Ó Mercado, o noso fogar. Desta volta, tócanos cociñar a nós… 

Así que, do 18 ó 23 de decembro estarei por Barra Madrid para brindar e despedirme de cada un de vós cun sorriso, con moita nostalxia…
De seguro que Madrid deixará en min, en nós, un pouso de morriña… 

Gracias Madrid! De Madrid ao ceo! Mirámonos nos bares camaradas! 
  
Asina: Iago, o Taberneiro. 
Asinte coa cabeza, e co corazón: Marcos, o Cociñeiro.
Ler +...